Fin de semana completo

Julio 4th, 2008 by Chechu

Despois de que esteamos o sábado en Ortigueira espérannos en Pas de Rei para actuar nos concertos de Vai de Camiño

Coanhadeira en Ortigueira

Julio 2nd, 2008 by Chechu

Vaia rima, “Coanhadeira en Ortigueira”, pero é así, verémonos no en escenario Runas para participar neste prestixioso festival o día 12.

Grazas a todos os que nos votaron

Julio 1st, 2008 by Chechu

Queremos dar as grazas a todos os que nos votastes para que participásemos no Festival de Ortigueira coa cifra de 697 votos. Aínda non sabemos se imos ir, pero fíxonos moito ilusión ver que tanta xente nos apoiou. Se imos esperamos non defraudar a ninguén e que todo o mundo goce da nosa música. GRAZAS A TODOS….

Proxecto Runas’08

Junio 30th, 2008 by Chechu

O Festival Ortigueira aposta un ano máis pola promoción dos novos creadores da música de raíz. A través do Proxecto Runas’08 convoca aos grupos emerxentes ou non consolidados que buscan facerse un sitio no panorama folk da Península.

E por suposto nós tamén temos que estar, asi que, podedes votar por nos neste link:

http://www.festivaldeortigueira.com/runas08/ficha.php?id=33&lang=gal

Na carpa da Alameda nas Festas de Ourense

Junio 24th, 2008 by Chechu

Este venres 27 na Alameda de Ourense actuaremos na carpa de “galegapoloscincosentidos” sobre as 23:00, despois das Pandereteiras de Agarimo.

Esperamos vervos a todos alí.

Día 21 no Roi Xordo de Allariz (Ourense), e preparándonos para as festas de Ourense…

Junio 18th, 2008 by Chechu

Esta fin de semana actuaremos no Roi Xordo de Allariz, e xa estámonos a preparar para a próxima fin de semana no que dentro dos actos organizados por “Galega polos cinco sentidos” acturemos nas festas de Ourense.

Este sábado día 7, Cafe cultural Auriense

Junio 5th, 2008 by Chechu

Os coanhadeira estreamos a nosa mini-xira pola nosa provincia neste mes de xuño con este primero concerto dentro da rede de música ao vivo.
Esperamos vernos todos alí ( Praza Correxidor, 11) as 21:30, para disfrutar dun bo concerto.

Coanhadeira está a estrear esta nova web!!!

Mayo 27th, 2008 by Chechu

Como todos os comezos son duros, pedimos un pouco de paciencia para gozar, en pleno rendimiento, deste novo espazo onde poderá saber todo sobre o grupo.

Pouco a pouco iranse incorporando novas seccións e datos sobre nós.

Esperamos que vos guste o novo deseño e imaxe do grupo!

Nsaio no Camiño Melide

Mayo 27th, 2008 by Chechu

Nsaio no Camiño Lugo

Mayo 27th, 2008 by Chechu

« Entradas anteriores