Coanhadeira o 26 no Traba folk de Laxe

Julio 21st, 2008 by Chechu

Logo dun sensacional ambiente no festival da Chaira, (aínda que non acompañase o tempo), estaremos o 26 en Laxe para o festival Traba folk pechando o evento.

21:00 horas no campo da festa de Traba.

Coanhadeira no Festival da Chaira

Julio 17th, 2008 by Chechu
>

Un soño feito realidade

Julio 15th, 2008 by Chechu

Logo de recibir máis de 400 votos e ante máis de 2000 persoas sentímonos moi orgullosos de que se cumprira un dos nosos soños ao participar no Festival de Ortigueria.

¡Esperamos que no futuro volvamos ir pero xa no escenario principal! Moitas grazas a todos os nosos votantes

Fin de semana completo

Julio 4th, 2008 by Chechu

Despois de que esteamos o sábado en Ortigueira espérannos en Palas de Rei para actuar nos concertos de Vai de Camiño.

Coanhadeira en Ortigueira

Julio 2nd, 2008 by Chechu

Vaia rima, “Coanhadeira en Ortigueira”, pero é así, verémonos no en escenario Runas para participar neste prestixioso festival o día 12.

Grazas a todos os que nos votaron

Julio 1st, 2008 by Chechu

Queremos dar as grazas a todos os que nos votastes para que participásemos no Festival de Ortigueira coa cifra de 697 votos. Aínda non sabemos se imos ir, pero fíxonos moito ilusión ver que tanta xente nos apoiou. Se imos esperamos non defraudar a ninguén e que todo o mundo goce da nosa música. GRAZAS A TODOS….

Proxecto Runas’08

Junio 30th, 2008 by Chechu

O Festival Ortigueira aposta un ano máis pola promoción dos novos creadores da música de raíz. A través do Proxecto Runas’08 convoca aos grupos emerxentes ou non consolidados que buscan facerse un sitio no panorama folk da Península.

E por suposto nós tamén temos que estar, asi que, podedes votar por nos neste link:

http://www.festivaldeortigueira.com/runas08/ficha.php?id=33&lang=gal

Na carpa da Alameda nas Festas de Ourense

Junio 24th, 2008 by Chechu

Este venres 27 na Alameda de Ourense actuaremos na carpa de “galegapoloscincosentidos” sobre as 23:00, despois das Pandereteiras de Agarimo.

Esperamos vervos a todos alí.

Día 21 no Roi Xordo de Allariz (Ourense), e preparándonos para as festas de Ourense…

Junio 18th, 2008 by Chechu

Esta fin de semana actuaremos no Roi Xordo de Allariz, e xa estámonos a preparar para a próxima fin de semana no que dentro dos actos organizados por “Galega polos cinco sentidos” acturemos nas festas de Ourense.

Este sábado día 7, Cafe cultural Auriense

Junio 5th, 2008 by Chechu

Os coanhadeira estreamos a nosa mini-xira pola nosa provincia neste mes de xuño con este primero concerto dentro da rede de música ao vivo.
Esperamos vernos todos alí ( Praza Correxidor, 11) as 21:30, para disfrutar dun bo concerto.

« Entradas anteriores